Sumario CDU en galego. Bibliotecario. Por Edgardo Civallero


Sumario CDU en galego


 

O Sumario CDU en galego foi un proxecto iniciado en 2011 por Edgardo Civallero, entón editor asociado do equipo editorial do Consorcio CDU (UDC Consortium, A Haia, Países Baixos). Civallero coordinou un equipo de profesionais composto por Llarina González, María Maceiras, Norma Paz Vigo, Francisco Conde, Lucía Iglesias, Montserrat Posse Moure, María del Pilar García García e David Sánchez. O proxecto detívose, inconcluso, en 2013, e foi retomado a fins de 2015 por Civallero, quen actualizou e homoxeneizou os contidos, e co permiso expreso do UDC Consortium preparou unha versión "para imprimir" con clases accesorias e exemplos de combinación específicos para a lingua e a realidade galegas.

Esta primeira versión, beta ou "de proba" (abril 2016), distribúese como arquivo .pdf de forma libre baixo unha licenza Creative Commons a través da seguinte ligazón.

[Descarga]

Os usuarios poden suxerir correccións e agregados (especialmente exemplos de combinación relativos a Galicia e a realidade galega, ou que sexan útiles para as bibliotecas galegas). Para decembro de 2016 preténdese preparar e distribuír unha primeira versión "definitiva" destas táboas, que some todas as achegas, xunto ás actualizacións provistas polo UDC Consortium.

As correccións e suxestións poden enviarse a edgardocivallero (arroba) gmail (punto) com.